Inicio / Servizos

Servizos.

Todo o que precisan as túas redes, feito por un só equipo e por un só prezo ao mes.

01

Estratexia

  • Auditoría da túa conta e do teu sector
  • Análise da competencia
  • Que contar e a quen
  • Calendario mensual
  • Guía de estilo da marca
02

Produción

  • Unha xornada de gravación ao mes
  • Foto e vídeo
  • Guións pensados para reter
  • Edición con ritmo, subtítulos e música
  • Textos de cada publicación
03

Xestión e crecemento

  • Publicación en Instagram, TikTok e máis
  • Comunidade, comentarios e mensaxes
  • Informe mensual cos números
  • Axustes segundo os datos
  • Publicidade en redes, se fai falta

Como traballamos

Do primeiro café
ao primeiro vídeo.

Semana 1Auditoría

Estudamos a túa conta, a túa competencia e o que funciona no teu sector.

Semana 2Estratexia

Pechamos contigo o plan e o calendario do mes.

Semana 3Gravación

Unha xornada para ter contido de todo o mes.

Cada mesPublicar e medir

Publicamos, respondemos e axustamos cos números.

Preguntas frecuentes

Que inclúe exactamente?

Todo: estratexia, gravación de foto e vídeo, edición, textos, publicación, xestión de comentarios e mensaxes e informe mensual. Un só prezo ao mes, sen extras.

Canto tarda en notarse?

As primeiras melloras adoitan verse en dúas ou tres semanas. O crecemento sólido chega entre os 60 e os 90 días.

Canto custa?

Depende da túa empresa e do que precises. Preparámosche un dossier gratis co plan e o prezo, sen compromiso.

Cada canto gravades?

Unha xornada de gravación ao mes, ben preparada, dá contido para todo o mes. Así o teu negocio non se para.

Traballades co meu sector?

Si. Traballamos con hostalería, inmobiliarias, moda e luxo, saúde, beleza, educación e espectáculos. O que cambia dun sector a outro é a historia que contamos, non o método.

Traballades fóra de Vigo?

Si. Estamos en Vigo e traballamos con marcas de toda España, como American Motorshow, que está de xira por todo o país.

Teño que saír eu nos vídeos?

Só se queres. Moitas marcas funcionan mellor co seu equipo, os seus clientes ou o propio produto. Decidímolo xuntos na estratexia.

Seguinte paso

Falamos?

Cóntanos a que te dedicas. Respondémosche o mesmo día e preparámosche un dossier gratis co que fariamos nas túas redes.